Friday 17 de May de 2024

A UNED Sénior visita o Museo do Traxe Juanjo Liñares


O Museo do Traxe encheuse estes días de estudantes. Trátase do curso UNED Sénior de Xestoso, provenientes da provincia da Coruña. Un total de 50 alumnos e alumnas de concellos como Xermade, Guitiriz, Aranga, Irixoa, Monfero ou Pontedeume. A visita englóbase dentro das actividades das clases de Historia da Cultura, dirixida polo historiador Felipe Senén.